top of page

Benvidos ao noso cole!

Queremos un centro onde o obxectivo prioritario sexa o desenvolvemento integral da persoa, onde a comunidade educativa comparta uns valores comúns para a vida e a convivencia. Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable, onde ninguén se sinta discriminado. Un colexio participativo, onde cada un dos membros da comunidade educativa desenvolva o seu labor con responsabilidade para conseguir os obxectivos comúns que nos marcamos.

En definitiva, un centro onde se aprenda a ser persoa, a aprender a aprender e a convivir.

Blogs de aula

Destacados

Aquí podedes investigar sobre o traballo que facemos nas aulas:



 

 

Traballos doutros anos:

 

de... ANPA Brea Segade

Benvid@s á páxina da ANPA do CEP Xosé María Brea Segade.

Este espazo tén como obxectivo informar da actividade da asociación e das novedades do centro, así como da actualidade da comunidade educativa en xeral.

Pretende ser unha ferramenta activa de comunicación da ANPA coas familias e o centro.

 

de... Aula de cuarto

As intensas chuvias anegan o patio:

As fortes chuvias de onte e hoxe deixaron totalmente asolagado o patio do CEP Xosé María Brea Segade.

Estas enormes pozas dificultan moitísimo o acceso ao centro e ao pavillón deportivo, no que o alumnado do centro practica Educación Física.

Por outra banda, a imposibilidade de saír ao patio fai que a ludoteca estea chea de nenos e nenas nos recreos. Menos mal que temos este espazo para poder xogar e divertirnos os días de chuvia!

Non desesperedes e lembrade, ao mal tempo, boa cara!

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

bottom of page