top of page

Sobre o centro

O CEP Brea Segade é un colexio de Educación primaria situado en Taragoña, Rianxo (A Coruña). Actualmente temos 7 unidades en funcionamento e temos autorizadas dúas seccións bilingües de inglés para a área de plástica. A nosa xornada é mixta, co seguinte horario:

Tódolos días en xornada de mañá de 9:05 a 13:20.

Ademais, en xornada de tarde, os martes de 15:30 a 17:20 e os mércores de 15:30 a 17:25.

Reunión dos equipos docentes: martes de 17:20 a 18:20.

Titorías familias: mércores de 17:25 a 18:25.

Pica na imaxe para acceder á Secretaría

Documentos de interese

(Pica neles para descargalos)



Ficha de saúde: A cumplimentar por todo o alumnado que se matricula por primeira vez no centro. É responsabilidade das familias manter esta información actualizada.

Recollida transporte escolar: A cumplimentar por todo o alumnado que se matricula por primeira vez no centro. É responsabilidade das familias manter esta información actualizada.

Funcións e obrigas transporte escolar: Documento que recolle as funcións do acompañante do autobús escolar, así como as obrigas dos usuarios do mesmo.

Libros de texto: Listaxe dos libros que se utilizarán durante o curso escolar 2014/2015.

Calendario escolar: Calendario para o curso 2014/15.

Autorización saídas concello: Impreso que as familias deben cubrir para autorizar ao alunmo/a a realizar as saídas programadas en horario escolar dentro do concello de Rianxo.

Solicitude uso transporte escolar: Impreso para solicitar o uso excepcional do transporte escolar no caso de que o alumno/a se matricule no centro que non lle corresponde por influencia xeográfica.

Ao chegar o vento dulce
bulideiro dos teus ollos,
izou as súas velas brancas
a lancha dos meus ensonos;
todo o mar está azulado,
tódalas nubens son de ouro
e chega ó meu corazón
a craridá do sol morno.
Na lonxedade
está o porto...

Xosé Mª Brea Segade

 

Escritor rianxeiro vinculado á literatura galega de comezos do século XX. Fundou en Marrocos, durante o seu servizo militar, na compaña de Rafael Dieste, a revista Charamuscas. Deixou inéditas as obras Arumes de beiramar e Responsos líricos no día e na noite. Logo de 2004, ano do centenario do seu nacemento, a personalidade de Brea e a súa obra literaria comezan a ser coñecidos no ámbito literario galego. Contribuíu a esta realidade a publicación dun novo libro pola deputación de A Coruña e os numerosos actos impulsados polo Concello de Rianxo.

Xosé Mª Brea Segade

 

CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE

bottom of page