Actividades
A continuación podedes ver algunhas das actividades que se están levando a cabo no noso centro.
(Pica sobre as imaxes para accederes ao sitio web dos distintos proxectos)
TBS channel
Equipo de Tics
O equipo de TICs do CEP Brea Segade puxo en marcha este curso unha actividade durante os recreos, o Brea Segade Live Show. Trátase de crear un programa televisivo cos alumnos que incluirá diferentes seccións: novas, entrevistas, concursos, publicidade...
O noso traballo terá presenza na web nun canal de vídeo creado para tal fin, o TBS channel. Animádevos a participar!
BBS
Equipo de Biblioteca
O equipo de biblioteca botou a andar este blogue en maio de 2007. Máis de cinco anos despois seguimos con moitas ganas de compartir o que desde a nosa biblioteca estamos facendo e aprendendo.
A BBS está aberta durante os recreos para o alumnado, e as familias poden visitarnos os luns e os xoves de 15:30 a 17:30.
Educaldea
Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Desde fai uns anos estase a desenvolver no centro un programa de acción pedagóxica baseado en transformar o colexio nunha aldea educativa: o proxecto Educaldea. Para isto dotouse ao centro das instalacións que debería ter unha aldea ideal: biblioteca, museo, auditorio, horto, ludoteca, patio de xogos e un ciberespazo.
Este proxecto didáctico foi gañador dun premio Antón Fraguas. Podedes visitar o seu blogue, en funcionamento desde maio do ano 2007.
ARTsolutely
Seccións Bilingües de Plástica
Este curso 2012/13 temos autorizadas dúas seccións bilingües para impartir a área de plástica en inglés. Os alumnos que están a participar nesta experiencia son os nenos/as de primeiro e segundo de primaria.
O espazo web onde iremos compartindo convosco os nosos traballos acaba de inaugurarse co nome de ARTsolutely. Agardamos que vos guste!
CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE